Libros aconsellados


" La boda de Chon Recalde "

          A novela é unha historia realista que ten lugar na Galicia dos anos posteriores á Guerra Civil Española, é fiel retrato do Ferrol de esa época.   Narra a historia de dúas irmáns, Cristina e Chon Recalde que se trasladan a vivir a Villareal del Mar con a súa tía Rosa despois do fusilamento do seu pai e a morte da nai.   Aquí reconstruen a súa vida baixo a sombra do fusilamento do seu pai, pero coa ventaxa de ser netas de dous almirantes o que as fai ascender con celeridadade na escala social.     As irmáns Recalde serán obxeto de todo tipo de faladurías pola sociedade, censura das súas costumes como o propio feito de traballar para axudar a súa tía Rosa, a súa ideoloxía.
  
    O libro engancha dende o primer momento, moitos dos persoaxes que aparecen na novela son fácilmente recoñecibles, baixo outro nome, xente real de Ferrol que inspirarón a Torrente para a creación do seu libro.  Esto dalle o libro, especialmente para nos os ferroláns, un alicente especial; que case o covirte en libro de lectura familiar.

O AUTOR:   Gonzalo Torrente Ballester,  nace en Ferrol en 1910 e morre en  Salamanca no ano 1999.  

    É un dos autores máis grandes da novela española contemporánea, posuidor dunha prosa vigorosa e dunha fina ironía que, como o propio Don Gonzalo recoñecía, debía moito a Miguel de Cervantes.  A súa narrativa avanzou de xeito discontinuo pero sempre destaca polo plantexamento e a resolución fondamente irónica das súas narracións, unha ironía que se basea na percepción do real no maravilloso e do maravilloso no real; esto levou a que moitos estudosos da súa obra calificasen os seus libro como a resposta española ó realismo máxico hispanoamericano, o que Don Gonzalo rexeitaba. 



" O Señor dos Aneis "

     "O Señor dos Aneis" é unha triloxía e a obra cumbre do escritor John Ronald Reuel Tolkien.  A obra conta a aventura do hobbit Frodo Bulseiro no seu viaxe cara ó Monte do Destino, co fin de destruir o anel forxado por Sauron, o grande Inimigo Escuro.   A Frodo, na súa misión, o acompañarán un anano, un elfo, un mago tres hobbits máis, un mago e dous homes, todos eles formarán a "Irmandade do Anel".    A novela se divide en tres partes, que acostuman a publicarse por separado.
 
    "A irmandade do Anel" presenta o conflicto básico da historia, explicando que son os hobbits, personaxes esenciais do enredo, e reune os protagonistas.  O nome foi evidente, pois Tolkien o anticipa na novela tras o Consello de Elrond no que se xuntan tódolos protagonistas principais.
        
    "As dúas Torres", o nome do segundo libro, nos conta o conflicto con Saruman, o xefe dos magos, quen traiciona todo no que creía e se pasa o lado escuro.
   
    "O Regreso do Rei", nun principio chamado por Tolkien A Guerra do Anel, nos narra o desenlace da obra.  O cal, para todos aqueles que se atrevan a adentrarse nesta aventura, non revelaremos a sorpresa final.

     Esta obre de Tolkin se volveu tremendamente popular a pertires dos anos sesenta do século pasado y se mantén ata o día de hoxe.  Con grande probabilidade é a historia de ficción máis popular do século XX e deixou unha morea de libros que tratan de imitar o estilo desta obra.  E, xa próximos o vran, "O Señor dos Aneis" pode convertirse nun dos mellores amigos para pasar estes meses de lecer. 

O AUTORJohn Ronald Reuel Tolkien, naceu en Bloemfontein en Sudafrica en 1892  e faleceu en Bournemouth no Reino Unido en 1973.  Foi profesor universitario, poeta e filólogo.  Dende a súa mocidade se intesou polo linguaxe, dun xeito especial polos do norte de Europa e da ahí xurdeu unha das súas aficción, o inventar idiomas.   Profesor de literatura Inglesa Medieval nas universidades de Leeds e de Oxford, experto en mitoloxía nórdica, escribe ensayos resultado das súas investigacións.   Os coñecementos que sobre esta materia posuía resultan evidentes nas súas obras de carácter épico, que se suceden nun mundo fantástico creado polo propio autor e que chamou a Terra Media.