lunes, 15 de junio de 2015

Libro escollido para o Club de Lectura - "Ámote Leo A" de Rosa Aneiros

SINOPSE: Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai o...ídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona?
Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.

A AUTORA: Rosa Aneiros Díaz, nada en Meirás (na comarca de Ferrolterra) en 1976, é unha escritora galega. Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da Gramática. É a guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario