miércoles, 21 de mayo de 2014

Club de lectura de CIENCIAS

Némesis - Isaac Asimov
 
Némesis é unha novela de ciencia ficción escrita por Isaac Asimov e publicada en 1989, 3 anos antes da súa morte. A novela é relacionada coa historia futura que el intentou integrar nos seus últimos anos, conectando varias ideas de novelas anteriores e posteriores, incluíndo a intelixencia non humana, planetas sensibles (Erythro), e motores de rotor (Viaxe Alucinante II: Destino Cerebro). No contexto do Universo da Fundación de Asimov, é mencionado milenios despois como "unha lenda".
 
A primeira reunión do Club de lectura de CIENCIAS será o vindiero martes día 27 de maio.


Letras Galegas 2014 - Xosé María Díaz Castro

"Nímbos" de Xosé María Díaz Castro
 
 

 
    Este ano 2014 o "Día das Letras Galegas" se dedica o autor Xosé María Díaz Castro, por este motivo e dende a Biblioteca se realizará a lectura da súa principal obra: "Nimbos".  Se convida a todos os membros dos distintos Clubs de Lectura que acudan a Biblioteca para participar nesta actividade o venres 23 de maio.



miércoles, 5 de febrero de 2014

Un cómic para os alumno do primeiro ciclo da E.S.O.

"Cousas de mortos" - Manel Cráneo

SINOPSE: Unha escolma de historias curtas publicadas ao longo de máis dunha década en diversas revistas e onde o común denominador é que os seus protagonistas son esqueletes.  




miércoles, 29 de enero de 2014

Novo libro para este trimestre:

"Comedía bífida" - Manuel Carlos Núñez Singala


 
SINOPSE DA OBRA: Velaquí un xuízo á lingua. Ou ao emprego que dela facemos os galegos. Cómpre que esteades mortos para participardes nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin san Pedro. O AUTOR: Manuel Carlos Núñez Singala, nace en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego. A Terra Chá é a súa primeira patria, onde vive até a adolescencia. Estuda, traballa e vive máis tarde en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.
O AUTOR: Manuel Carlos Núñez Singala, nace en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego.  A Terra Chá é a súa primeira patria, onde vive até a adolescencia. Estuda, traballa e vive máis tarde en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.
OUTRAS OBRAS DO MESMO AUTOR: “O achado do castro” (1990); “Planificación estratéxica” (2009); “En galego, por que non?” (2009); “Menú de engaños” (2010).