miércoles, 29 de enero de 2014

Novo libro para este trimestre:

"Comedía bífida" - Manuel Carlos Núñez Singala


 
SINOPSE DA OBRA: Velaquí un xuízo á lingua. Ou ao emprego que dela facemos os galegos. Cómpre que esteades mortos para participardes nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin san Pedro. O AUTOR: Manuel Carlos Núñez Singala, nace en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego. A Terra Chá é a súa primeira patria, onde vive até a adolescencia. Estuda, traballa e vive máis tarde en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.
O AUTOR: Manuel Carlos Núñez Singala, nace en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego.  A Terra Chá é a súa primeira patria, onde vive até a adolescencia. Estuda, traballa e vive máis tarde en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.
OUTRAS OBRAS DO MESMO AUTOR: “O achado do castro” (1990); “Planificación estratéxica” (2009); “En galego, por que non?” (2009); “Menú de engaños” (2010).