Letras galegas 2010

UXÍO NOVONEIRA

         Este ano 2010 as "Letras Galegas" foron adicadas a o "Poeta do Courel", Uxío Novoneira, para quen esta celebración "son unha forma de comungar con Galicia, o seu pasado e a súa afirmación cara o futuro". 
         
    Uxío Novoneira naceu no Courel, en Parada de Moreda, alo polo 1930, e faleceu fai once anos en Santiago de Compostela.  Nos seus escritos se evidencia o seu compromiso nacionalista, nun tempo en que esta cuestión está marcando fondamente a literatura galega do século XX e alonxándose de búsqueda da forma poética ou do linguaxe, buscando a lírica para conseguir mellores resultados visuais e de son.

    Entre a súa obra destaca: Abrojos (1948), Os eidos (1955), Os eidos 2 (1975), Poemas caligráficos (1979), Os Eidos. Libro do Courel (1981), Muller pra lonxe (1987), Tempo de elexía (1991), Betanzos: Poemas dos Caneiro e Estampas (1998), Dos soños teimosos. Notarenga (1998), Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998), Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999).

    O escritor tivo unha especial relación con Ferrol, como o pronunciamento do pregón na feira do libro en 1981.  As súas palabras foron: "Traballadores, xentes de Ferrol, quen ía presumir, fai dez, vinte, trinta ou corenta anos que a Coorporación Municipal desta cidade ía encargarlle o pregón (...) a un poeta galego, escrito e decidor na fala de Galicia".