
Marina Mayoral (Mondoñedo 1942)
Novelista e catedrática de Literatura española na Universidade Complutense de Madrid. Fixo importantes estudos de investigación sobre diversos autores (Rosalía, Emilia Pardo Bazán...) e sobre poesía e prosa contemporáneas.
Escribe en galego e castelán, presenta unha gran diversidade de novelas e contos e ten traducida a súa obra a moitos idiomas.
"Tristes armas" (1994)
Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino, de dúas nenas exiliadas en Rusia,
de dous amigos en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado...
Unha historia da sinrazón , un poema de amor e desamor, un sentimento de odio onde antes non había máis que loita pola supervivencia, una infancia perdida ou non, unha ilusión polo futuro onde non existía máis que medo....
ResponderEliminar[CLUB DE LECTURA DIVERSIFICACIÓN 4º]
ResponderEliminarO libro pareceunos algo serio para a xente da nosa idade, pero ao mesmo tempo é moi realista xa que pode facer que maduremos e nos deamos de conta da sociedade daquela epoca e da que estamos a vivir agora mesmo.
É un libro moi doado de entender porque ten unha linguaxe axeitada para rapaces xoves pero ao mesmo tempo a sua lectura é moi complexa.