viernes, 21 de mayo de 2010

"TRISTES ARMAS" MARINA MAYORAL


Marina Mayoral (Mondoñedo 1942)


Novelista e catedrática de Literatura española na Universidade Complutense de Madrid. Fixo importantes estudos de investigación sobre diversos autores (Rosalía, Emilia Pardo Bazán...) e sobre poesía e prosa contemporáneas.
Escribe en galego e castelán, presenta unha gran diversidade de novelas e contos e ten traducida a súa obra a moitos idiomas.



"Tristes armas" (1994)


Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino, de dúas nenas exiliadas en Rusia,
de dous amigos en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado...

2 comentarios:

  1. Unha historia da sinrazón , un poema de amor e desamor, un sentimento de odio onde antes non había máis que loita pola supervivencia, una infancia perdida ou non, unha ilusión polo futuro onde non existía máis que medo....

    ResponderEliminar
  2. [CLUB DE LECTURA DIVERSIFICACIÓN 4º]
    O libro pareceunos algo serio para a xente da nosa idade, pero ao mesmo tempo é moi realista xa que pode facer que maduremos e nos deamos de conta da sociedade daquela epoca e da que estamos a vivir agora mesmo.
    É un libro moi doado de entender porque ten unha linguaxe axeitada para rapaces xoves pero ao mesmo tempo a sua lectura é moi complexa.

    ResponderEliminar