jueves, 7 de noviembre de 2013

Unha recomendación dende a Biblioteca para ista semana e a ter en conta para a elección do "Club de Lectura".

Memorias de Hadrián – Marguerite Yourcenar

Mémoires d'Hadrien, en galego “Memorias de Hadrián” e en castelán “Memorias de Adriano” e do que hai un exemplar na nosa Biblioteca.  É unha novela da escritora francesa nada en Bélxica e nacionalizada estadounidense, Marguerite Yourcenar, quen nos relata en primeira persoa a vida e morte do Emperador Hadrián.   Foi escrita entre decembro de 1948 e o mesmo mes de 1950.  Nun principio foi editada por entregas na revista francesa La Table Ronde, no número de xullo, o 43, se publicou a primeira parte (Animula vagula blandula) nas páxinas 71-84; Varius multiplex multiformis veu a luz no número 44, correspondente ao mes de agosto, e nas páxinas 94-118, e a terceira, Tellus stabilita, foi publicada no mes seguiente, en el nº 45, e nas páxinas 36-59; en todolos casos coa sinatura M.A.  Dada a boa acollida que recibeu a edición por entregas, a novela completa foi publicada tamén en Francia pola editorial Plon, en decembro do ano 1951.

 Na novela, se mencionan unhas Memorias que Hadrián que publicou o Emperador en vida co nome do seu liberto Flegón, hoxe perdidas, e que serviron de base para dúas das fontes clásicas sobre a vida do Emperador:  el capítulo correspondiente de la Historia romana de Dión Casio, e a Vita Hadriani, dentro da Historia Augusta, escrita por Elio Esparciano.    É curioso que a fonte principal de Marguerite Yourcenar foi a Historia Augusta, obra romana do século III, obra que merece pouca fe histórica, a pesar do cal as Memorias de Hadrán se citan na Gran enciclopedia do mundo clásico de Pauli Wyszowa como fuente histórica.
 

As Memorias de Hadrián conseguiron unha cousa tanto difícil como é o compaxinar a excelencia literaria e estética co éxito popular.   O libro foi traducido a maioria dos idiomas e con máis de un millón de exemplares vendidos.   Para moitos está obra debe considerarse como una dos mellores textos literarios do século XX.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario